Os nosos fins
1. Ao contrario do interese xeral do avance da creación de videoxogos a nivel global seguindo modelos comerciais que non respetan nin aos creadores nin aos xogadores tratando os videoxogos como meros produtos, a ASOCIACIÓN GODOTEIRES avoga pola democratización da creación de videoxogos dende a súa vertente máis artística, lúdica e creativa.
2. Respetando e defendendo a pluralidade da sociedade galega, a ASOCIACIÓN GODOTEIRES aspira a converterse nun punto inclusivo de referencia en Galicia do motor de creación de videoxogos Godot.
3. Godot xoga un papel moi relevante na democratización ao acceso á creación de videoxogos gracias a súa licencia aberta, motivo polo cal dende a ASOCIACIÓN GODOTEIRES tamén se promoverá o uso de software libre.
4. O acceso a ferramentas tecnolóxicas, incluído o propio Godot, é vital para o achegamento á xente á creación de videoxogos, polo que un dos fins da asociación é promover a creación, tradución e difusión de documentación e material audiovisual en galego relacionado con estas ferramentas.
5. Sendo conscientes da dificultade de atopar xogos en galego, motivo de preocupación tamén da asociación, esta solidarízase coas creacións en linguas minorizadas, que serán de especial atención.
7. Para levar a cabo os seus fins, a ASOCIACIÓN GODOTEIRES realizará encontros presenciais, telemáticos ou en modalidade mixta relacionados con calqueira dos fins expostos neste artigo.
8. Nestes encontros organizados pola asociación, levaranse a cabo faladoiros, obradoiros ou mostras de traballo, entre outras actividades. Estes encontros poden ser parte doutras actividades, xornadas ou eventos non organizados directamente pola asociación.
9. Tamén na liña dos seus fins, a asociación difundirá, mediante artigos ou boletíns, xogos en Godot feitos en Galicia ou/en galego, así como en linguas minorizadas. Ademáis de poder elaborar distinción honoríficas para premiar creacións de interese para as persoas socias ou de interese para a sociedade.
10. Entendendo as Game Jams como retos que motivan a creatividade, a ASOCIACIÓN GODOTEIRES convocará esta clase de certames aliñándose cos fins descritos.
BLOG
Atopa información actualizada desta asociación (actividades, xornadas...) no noso blog: https://blogs.amarinha.gal/godoteires/